Estratexia Alimentaria

O Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura22 ten como un dos obxectivos estratéxicos da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa 23-27 “Apoiar a transición cara a un sistema agroalimentario territorializado, competitivo, sostible, diversificado e resiliente” mediante varias liñas estratéxicas:

– LE 9 “Fomento da produción agroalimentaria”.
– LE 10 “Reforzar a viabilidade da produción agroalimentaria a través da transformación”.
– LE 11 “Favorecer o consumo de alimento de proximidade e sostible no territorio”.
– LE 12 “Promover a vertebración e colaboración no tecido de produtores”.

Este documento pódese consultar aquí [+].
Neste proceso é fundamental a participación e desenvolvemento dos seguintes proxectos e accións:

Terralimenta é un programa impulsado pola Fundación Daniel y Nina Carasso, dentro do ámbito da Alimentación Sostible, que se ven levando a cabo dende setembro de 2021 e no que participamos unha totalidade de 12 Asociacións de desenvolvemento.

Trátase dunha iniciativa cara a unha reterritorialización e transición agroecolóxica progresiva da cadea agroalimentaria seguindo o modelo de Sistema Agroalimentarios Territorializados.

O proxecto de cooperación Nó Rural, do que Seitura 22 é o coordinador, conta coa participación dun total de 5 GDR´s (Limia-Arnoia, Mariñas-Betanzos, Eu Rural, Terra Chá e Seitura22)

Trátase dunha iniciativa para o acompañamento da mocidade co obxectivo de incentivar a súa incorporación ao sector agroalimentario. Para elo, entre outras accións, púxose en marcha un portal de emprego consultar aquí.

A partir de 2023 fíxose especial incidencia en dar a coñecer os instrumentos e posibilidades da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia, de cara a incrementar a base territorial das explotacións e contribuír a súa viabilidade.

Proxecto de cooperación entre 11 GDR para a continuidade do proxecto de cooperación Rede EcoComedores para animar o consumo de produtos de tempada e proximidade en comedores escolares.

O proxecto busca impulsar a incorporación de centros educativos na Rede coa finalidade de equilibrar nutricionalmente os menús e avanzar na inclusión de produto local, de tempada e ecolóxico. De esta forma, se promocionan os produtos locais, fomentando o consumo nos circuítos curtos e contribuíndo á mitigación do cambio climático, minorando a pegada ecolóxica da alimentación, ao tempo que se dinamiza a economía local e se promove unha alimentación saudable.

Fíxose unha adaptación do marketplace existente de cara a desenvolver unha intranet dirixida aos centros escolares participantes no proxecto Ecocomedores para facilitarlles a realización dos pedidos e poder consultar  a dispoñibilidade de produto.

A creación e lanzamento desta plataforma de marketplace para os produtos agroalimentarios do territorio, comprende unha representación das principais producións do mesmo; cultivos hortícolas de tempada, transformados vexetais, lácteos, produtos de apicultura ou repostería.

Significa apoiar e cooperar cos nosos pequenos produtores, poñéndolle cara e lugar de orixe aos alimentos que consumimos.

A Fusquenlla é un centro orientado á transformación alimentaria de produtos do agro promovido polos concellos de Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño.

Trátase dun espazo para a elaboración de conservas vexetais de horta e froita, setas, zumes, marmeladas, mel, etc. Sendo un espazo tamén para a formación e a divulgación vencelladas ao desenvolvemento agroalimentario.

Este proxecto foi apoiado dentro do programa Leader período 2014-2020 nas convocatorias de 2017-2018 e 2023-2024.

Unha primeira ollada á alimentación sostible en Ferrolterra, Eume e Ortegal.

O obxectivo de este traballo, encargado a Fundación Entretantos, é xerar unha visión global de cales son os axentes, as sinerxias e os retos pendentes para poder plantexar unha acción conxunta que xere oportunidades de avanzar cara a un sistema alimentario local sostible, saudable e relocalizado.

Documento [+]

Mapeo da produción agroalimentaria das comarcas de Eume, Ferrolterra e Ortegal

Este traballo, encargado á Asociación Agroalimentaria do Eume (agrupación de produtores do territorio) tivo como obxecto achegar unha imaxe fidedigna da produción primaria e facilitar a súa incorporación a un sistema alimentario local sustentable e saudable, que aproveite as ferramentas e proxectos desenvoltos por Seitura 22.

Guía de produtores Eume, Ferrolterra e Ortegal

Con esta guía pretendemos poñer en valor ás persoas e empresas do noso entorno que apostan por unha produción con calidade diferenciada: produción ecolóxica, produtos certificados dentro das diferentes Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas, e empresas dedicadas á transformación dos produtos locais.

Pódese consultar a guía aquí.