Ferrol, 2 de marzo de 2026
Seitura 22 no marco do programa Terralimenta impulsado pola Fundación Daniel & Nina Carasso ven de poñer en marcha un programa de apoio á organización e celebración de feiras, concursos, exposición… que conten con produtores agroalimentarios do seu ámbito territorial, constituíndo a súa finalidade a promoción do produto de tempada e de proximidade. A Asociación ten como ámbito de actuación os concellos das comarcas do Ferrolterra, Eume e Ortegal ademais dos concellos de Miño e Vilarmaior.
Poderán ser beneficiarios do presente programa os concellos do territorio de Seitura 22, que organicen feiras, concursos ou exposicións de carácter agroalimentario durante o ano 2026. A concesión se efectuará en réxime de concorrencia non competitiva até esgotar o crédito dispoñible.
O obxectivo do programa é respaldar aos produtores locais promovendo o consumo de proximidades e tempada no noso territorio.
As Entidades Locais que desexen participar neste programa, deberán presentar o modelo de solicitude e unha pequena memoria explicativa da actividade a través do correo electrónico info@seitura22.gal. Soamente valorarase un máximo dunha solicitude por entidade solicitante. En caso de non esgotarse a partida orzamentaria, valorarase unha segunda solicitude por entidade.
