A Estratexia de Desenvolvemento Rural presentada por Seitura 22 para a xestión do Eixo Leader 14-20 recollía no seu diagnóstico varias ameazas relacionadas coa viabilidade das explotacións agropecuarias. Así, estableceuse como obxectivo específico da súa Estratexia de Desenvolvemento “A mellora da eficiencia na xestión das explotacións agrarias”.
E por isto que como continuidade do proceso de animación posto en marcha desenvolverase este proxecto, que partindo da coordinación das explotacións agrogandeiras, promoverá a mellora da eficiencia na xestión dos recursos por parte das explotacións do territorio.
Para iso poñerase en marcha unha acción colaborativa para a mellora de dita eficiencia en base á xestión económico-técnica das explotacións do ámbito territorial da asociación seitura 22.
O programa iniciarase cunha xornada formativa o vindeiro Martes día 11 ás 12:00h no Centro de Dinamización Empresarial de Seara sito no Polígono Empresarial de Penapurreira en As Pontes.