Ferrol, a 14 de novembro de 2025

A Asociación Seitura 22 ven de aprobar de forma definitiva as axudas Leader correspondentes aos anos 2025 e 2026. A presente convocatoria beneficiará finalmente a catorce proxectos dos 24, presentados no ámbito territorial de Ferrolterra, Eume, Ortegal, ademais de Miño e Vilarmaior. Trátase de iniciativas de desenvolvemento económico e social do territorio, que recibirán no seu conxunto 377.202,45 euros.

Xa é oficial, unha vez que os promotores recibiron a Resolución oficial da axuda. Un total de catorce proxectos, localizados nos municipios de Ares (tres), As  Pontes, As Somozas, Fene, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño e Valdoviño, cun investimento global de máis de 1,64 millóns de euros, recibirán fondos Leader para facilitar a súa materialización e primeiros pasos ben ao longo deste ano ou ben no próximo. Desta forma, as axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural, e co-financiadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 deberán xustificarse no vindeiro ano 2.026.

Ata nove das subvencións aprobadas pola xunta directiva do GDR, que preside o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, irán destinadas a proxectos de carácter empresarial. Estes absorben o 65 % do importe total a conceder. Así, as subvencións contribuirán a facer realidade varias experiencias agroecolóxicas en Ares, a ampliación dun proxecto agroecolóxico en As Pontes, creación dunha industria agroalimentaria en Miño, dúas ampliacións de intalacións en Pontedeume e As Somozas e un centro hípico en Valdoviño. Este ano como novidade convocouse o Bono Activa Rural, axuda vinculada á creación e posta en marcha de actividades económicas en zonas rurais non suxeitas á realización de inversión, concedeuse unha axuda a un centro psicopedagóxico en Mugardos.

 

ASOCIACIÓNS E CONCELLOS

No ámbito dos proxectos “non produtivos” privados subvencionáronse dous, un impulsado pola entidade ASPANEPS que recibirá 4.550 € para a elaboración dun estudo para a avaliación das necesidades de espazos para a prestación de servizos residenciais a persoas con problemas psico-sociais. E o outro impulsado pola Asociación Rural Contemporánea en Monfero para a observación e valorización da fauna silvestre cunha axuda de 5.547,17 €

Por último, as axudas Leader chegarán tamén a tres proxectos promovidos pola iniciativa pública (os concellos de Ortigueira, de Moeche e de San Sadurniño). No primeiro caso, solicitouse unha axuda para a creación do Bird Center “Ría de Ortigueira e Ladrido” cunha dotación de 50.000 €. No caso de Moeche a axuda está destinada á rehabilitación da Fonte-Lavadoiro de Abade por un importe de 13.437 €.  O proxecto do concello de San Sadurniño é un  estudo para a creación de comunidade enerxética local obtivo unha axuda de 5.372 €. Esta última iniciativa ten relación co proxecto de cooperación Leader Redenerxía promovido por parte de Seitura 22 e que esta a promover a creación de comunidades enerxéticas a través da realización de charlas informativas.

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS

A principios do ano 2.026 está prevista unha nova convocatoria de axudas Leader, si ben a previsión, e que teña unha dotación económica moi superior.

 

RELACIÓN DE PROXECTOS APROBADOS

 

ANEXO I: PROXECTOS PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA
Número de expediente Título Promotor Orzamento aceptado Portentaxe axuda (%) Importe da axuda Concello
7119-24-0007 Actividade Agricultura Rexenerativa en proxecto Ecolodge Raíces da Costa Ártabra Raíces da Costa Ártabra S.L.L.

 

26374,40 € 44,60% 11.604,74€ Ares
7119-24-0017 Furgoneta e neveras para a conservación e distribución de alimentos Montefaro Pedrachá Sociedade de Beneficio e interés Común, S.L.

 

55528,05 € 39,80% 22.100,16 € Ares
7119-24-0023 Adquisición de finca rústica para proxecto Agroecolóxico.

 

Ganadería Roidiz S.C.

 

2.000,90 € 38,60% 772,35 € As Pontes
7119-24-0016 Invernadoiros para o proyecto Eiras de Ares Montefaro Pedrachá Sociedade de Beneficio e interés Común, S.L.

 

29.500,00 € 37,40% 11.033,00€ Ares
7119-24-0003 Centro Agarimo (Bono Activa) Ángela Graña Bouzamayor

 

76,88€ 13.840,00 € Mugardos
7119-24-0005 Equipamento nave nova Montajes Fertri S.L 136.241,00 € 33,80% 46.049,46 € Pontedeume
7119-24-0009 Industria Alimentaria para a fabricación, distribución e venda de bombóns e outras elaboracións con chocolate María Rodríguez Meizoso 27.714,13 € 32,00% 8.868,52 € Miño
7119-24-0001 Instalación para subministro de combustible Iván Tembrás S.L.U. 392.358,80 € 32,00% 125.554,82 € As Somozas
7119-24-0011 Centro Hípico Equo Alalma María Quintela Dacosta 687.295,44 € 28,40% 58.472,25 € Valdoviño

 

 

ANEXO II: PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS
Número de expediente Título Promotor Orzamento aceptado Portentaxe axuda (%) Importe da axuda Concello
7119-24-0014 Bird Center “Ría de Ortigueira e Ladrido” Concello de Ortigueira         226.036,26 €  

81,00%

 

50.000,00 € Ortiguera
7119-24-0015 Estudo para un proxecto de Comunidade Enerxética Local no Concello de San Sadurniño Concello de San Sadurniño 7.260,00 € 74,00% 5.372,40 € San Sadurniño
7119-24-0021 Rehabilitación da Fonte-Lavadoiro de Abade Concello de Moeche 25.000 € 53,75 € 13.437,50 € Moeche

 

ANEXO III: PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS
Número de expediente Título Promotor Orzamento aceptado Portentaxe axuda (%) Importe da axuda Concello
7119-24-0006 Elaboración dun estudo para a avaliación das  necesidades de espazos para a prestación de servizos residenciais a persoas con problemas psico-sociais ASPANEPS 5.759,60 € 79,00% 4.550,08 € Fene
7119-24-0020 Ánimas salvaxes. Observación e valorización da fauna silvestre en Monfero Asociación Rural Contemporánea 8373,08 € 66,25% 5.547,17 € Monfero