Ferrol,19 de agosto de 2025.

Dende Seitura 22, xunto co GDR Terra e Auga, estamos a promover o proxecto de cooperación Redenerxía: unha iniciativa para impulsar as comunidades enerxéticas no territorio e para que acaden maior incidencia, beneficios, aforro e innovación.

As comunidades enerxéticas son proxectos baseados no impulso das enerxías renovables e na cohesión social, e teñen un impacto positivo no medio ambiente e no desenvolvemento económico e social dos territorios.

Dentro da iniciativa levaranse a cabo unha serie de reunións informativas en colaboración cos concellos. O obxectivo é dar a coñecer as comunidades enerxéticas, e explicar con exemplos prácticos os beneficios que están a traer noutros territorios, de cara a espertar o interese entre as administracións locais e a veciñanza.