Ferrol, 09 de xuño de 2025.

Hoxe 9 de xuño tivo lugar, no Concello de Ferrol, a Asemblea Xeral Ordinaria do GDR Seitura 22 na que se fixo balance do ano 2024 e presentouse o orzamento para o ano 2025.

En relación coa última convocatoria do Eixo Leader no período 2014-2020 foron concedidas axudas a 12 proxectos.

Durante o período 2014-2020 foron un total de 39 proxectos produtivos os apoiados cun investimento aceptado de 6.539.765,91 € e unha axuda de 2.439.698,25 €, xerando 50 postos de traballos e contribuíndo ao mantemento doutros 227 empregos.

En relación aos proxectos non produtivos: os expedientes municipais foron 15 os aprobados cun investimento de 1.242.353,05 € e unha axuda de 720.398,67 €. En canto aos presentados por entidades sociais foron outros 10 proxectos que representaron un investimento de 712.739,98 € beneficiándose dunha axuda de 502.051,67 € de fondos públicos.

Entre estes anos 2017 e 2024 Seitura desenvolveu proxectos propios por importe de 55.085 €, ademais de outros 85.595,38 € captados nas convocatorias de proxectos de cooperación Leader, todos eles relacionados coa actividade agraria, xestión forestal, alimentación, o patrimonio natural e a biodiversidade.