Ferrol, 19 de outubro de 2021. A Asociación de desenvolvemento rural Seitura 22, unha vez informados todos os proxecctos por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ven de resolver a convocatoria de axudas Leader correspondente a anualidade de 2.021, na reunión de Xunta Directiva celebrada o 19 de Outubro no Concello de Ferrol.

O ámbito de actuación abrangue 22 concellos: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior  que pertencen á comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal mais os concellode Miño e Vilarmaior.

DATOS DA CONVOCATORIA 2021-2022.

En total foron concedidas axudas a un total de 12 proxectos, cun investimento total de 1.843.152,78 € e recibirán axudas Leader por un importe total de 474.029,60 €. O desglose segundo tipoloxía de proxectos e o seguinte:

4 proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas, que investirán 254.072,22 € e recibirán 64.206 € de axudas Leader

3 proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, que investirán 43.839,94 € e recibirán 24.587,56 €

5 proxectos produtivos, que investirán 1.545.240,62 € e recibirán un total de 385.236,04 €.

Sinalar que o 81,27 % dos fondos Leader aprobados se destinaron a proxectos empresariais (produtivos), o 13,54% a proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas e o 5,19 % a proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas

-Orzamento: 513.648,04 € (axuda).
– Presentáronse 32 proxectos
– Aprobáronse 12 proxectos (9 quedan en lista de agarda).

> 5 de empresas.
> 4 de Concellos.
> 3 de Asociacións.

– Investimento total de 1.843.152,78 € €.
– Axuda: 474.029,60 €

ANEXO I: PROXECTOS PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA
Número de expediente Título Promotor Orzamento aceptado Portentaxe de axuda (%) IMPORTE AXUDA Concello
L21-1920-24-0160 Ampliación Residencia Suacasa María Mar López Vigo 1.051.050,96 49% 200.000€ San Sadurniño
L21-1920-24-0159 Novos lácteos: conservación/promoción Coop. Ptres. Campo Capela, SCG 24.187,91 47% 11.368€ A Capela
L21-1920-24-0178 Obradorio lácteo artesanal de Roidiz Teresa Molina Santiago 58.153,75 46% 26.634€ As Pontes
L21-1920-24-0153 Melloras tecnolóxicas en queixería Queserías del Eume, S.L. 35.098 42% 14.811€ As Pontes
L21-1920-24-0176 Tanatorio/Velorio en Perlío Instituto de Medicina y Tanatología San Lorenzo, S.L. 37.6750 36% 132.422€ Fene

 

ANEXO II: PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS
Número de expediente Título Promotor Orzamento aceptado Portentaxe de axuda (%) IMPORTE AXUDA Concello
L21-1920-24-0167 Recuperación e mellora do Lavadoiro de Cariño Concello de Cariño        19.411,43€ 56,25 10.918,93€  Cariño
L21-1920-24-0177 Centro Cívico Lapatiencos Concello de Moeche     159.791,84€ 53,75 20.000,00€  Moeche
L21-1920-24-0151 Rehabilitación do lavadoiro en Río Baixolo en Seselle, Ares Concello de Ares        23.573,86€ 51,88 12.230,12€  Ares
L21-1920-24-0174 Roteiro dos Muíños do Río Medio Concello de Miño        51.295,09€ 50 21.056,95€  Miño

 

ANEXO III: PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS
Número de expediente Título Promotor Orzamento aceptado Portentaxe de axuda (%) IMPORTE AXUDA Concello
L21-1920-24-0158 Equipamento centro ocupacional ASPANEPS ASPANEPS       2.489,72€ 84% 1.630,21€ Fene
L21-1920-24-0166 Implantación sistema silvopastoral con cabalo galego nos Montes do Chá Asociación Comuneros do Chá     28.722,66€ 78% 18.254,95€ Ferrol
L21-1920-24-0164 Posta en valor necrópole neolítica do Monte do Chá Asociación Comuneros do Chá    12.627,56€ 56% 4.702,4€ Ferrol