A Fundación Carasso selecionou 12 Grupos de Desenvolvemento Rural para participar na convocatoria Terralimenta sobre Sistemas Agroalimentarios Territorializados (SAT).

Unha iniciativa relacionada coa agroalimentación na que os grupos de desenvolvemento rural  participen de maneira activa aportando as súas iniciativas innovadoras.

A Fundación Carasso acompañará aos GDR no seu camiño cara unha reterritorialización e transición agroecolóxica progresiva da cadea agroalimentaria seguindo o modelo SAT.

Un SAT pode definirse como un «conxunto de ramas agroalimentarias conformes a criterios de desenvolvemento sostible, localizadas nun espazo xeográfico de dimensión rexional e coordinadas para unha gobernanza territorial.

Esta noción céntrase nunha tripla proximidade, en oposición ás ramas largas da mundialización agroalimentaria. Trátase, en primeira instancia, dunha proximidade na ecosfera, por diversificación de produtos agrícolas, “reconectando” as ramas vexetais, animais e forestais, dacordo cos preceptos da agroecoloxía. A segunda proximidade concerne ao acercamento entre agricultura e industrias alimentarias. Un acercamento que terá lugar aprovisionando prioritariamente, as unidades de transformación con materias primas agrícolas da rexión onde estas son implantadas. A terceira proximidade realízase a través dunha reorientación da demanda alimentaria ata unha oferta local máis abundante e variada, de calidade máis facilmente verificable, solicitada por un número crecente de consumidores». (J.L. Rastoin, 2016). Fonte: Documento SAT en España.100 iniciativas da Fundación Carasso

Un proceso de transición protagonizado polos actores de cada territorio, no que os Grupos de Acción Local ou GDR, aglutinadores dos distintos intereses e visións, coñecedores do territorio e das súas necesidades e cunha traxectoria de traballo de máis de 30 anos poden ser un axente impulsor clave.

Co obxectivo de apoiar aos GDR neste proceso, dotándoos de ferramentas para a análise e o impulso destas cuestións, nace o proxecto TERRALIMENTA. Co que preténdese tamén axudar aos GDR a detectar e dinamizar aos axentes dos seus territorios interesados  nestes temas e a deseñar unha folla de ruta común para a acción, que lles permita posicionarse, dun modo máis estratéxico, nun marco no que a alimentación sostible cobra un crecente protagonismo. Así, nun momento de peche e inicio do futuro marco post 2021, os GDR participantes poderán aproveitar este proceso para enriquecer o deseño das súas futuras estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) e comezar así a traballar en accións alineadas cos grandes retos presentes nun marco máis amplo: os Fondos de Recuperación e Resiliencia e o esquema de traballo previsto no Pacto Verde Europeo para a integración dos obxectivos da estratexia “De la Granja a la Mesa”.

Máis información e o listado completo dos grupos seleccionados; https://www.fondationcarasso.org/es/alimentacion-sostenible/anuncio-terralimenta/